O próximo mes de outubro o sector forestal latinoamericano ten unha cita con Uruforest 2024, a primeira feira forestal, do agro e do ambiente que se celebra en Juan Lacaze, Colonia, Uruguai. Industrias Guerra acudirá a este evento clave no Cono Sur para dar a coñecer o seu amplo catálogo de maquinaria e o seu alto potencial á hora de incrementar a produtividade das explotacións.
Os próximos días 9, 10, 11 e 12 de outubro Industrias Guerra estará no stand 108 de Uruforest para presentar unha selección dos seus innovadores cabezais procesadores e taladoras, permitindo aos asistentes observar de preto como estas solucións poden optimizar os seus procesos.
Ademais de comprobar a resistencia, seguridade e facilidade de manexo dos produtos da empresa galega, os profesionais interesados poderán concertar reunións co seu equipo ou solicitar asesoramento para atopar a solución forestal que máis se adapte ás súas necesidades.
Uruforest 2024 representa unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man as innovacións de Industrias Guerra. Para conseguir entradas, visita esta ligazón.