CARREIRA E TALENTO
Guerra é unha peme galega que compite a nivel mundial por dereito propio con grandes multinacionais de todo o mundo. Contamos cun equipo multidisciplinar e moi motivado organizado nunha estrutura áxil e flexible para adaptarse ás necesidades dos nosos clientes. A estabilidade é un dos trazos do emprego en Industrias Guerra: o 95% dos traballadores conta cun contrato indefinido.

EQUIPO
En Guerra estamos convencidos de que o capital humano é a maior vantaxe competitiva da nosa empresa. Contamos cun cadro de persoal novo, mais ao tempo experimentado, cunha antigüidade media de 18 anos. Isto permítenos acadar os ambiciosos obxectivos de negocio que marcamos na nosa organización.
CONTORNA DE TRABALLO
As instalacións de Guerra contan coa última tecnoloxía do mercado. Contamos con máis de 30.000 metros cadrados distribuídos en 4 plantas organizadas da maneira máis eficaz para a produción de maquinaria da maneira máis eficiente.
Guerra asegura que o espazo de traballo cumpra con todas as garantías de seguridade e saúde para que os nosos traballadores poidan desempeñar o seu labor coa maior comodidade e concentración. Ademais, melloramos continuamente a nosa tecnoloxía de produción para xerar solucións rendibles para os nosos clientes a longo prazo.

OS NOSOS PRINCIPIOS
A nosa principal aspiración é ser un equipo, con todo o que isto implica. O emprego de calidade, a formación constante e o desenvolvemento profesional alimentan a mellor reputación corporativa. Para acadala, apostamos por un modelo de xestión de recursos humanos que permite captar, impulsar e reter o talento e fomentar o crecemento persoal e profesional das persoas.
ESPÍRITO COOPERATIVO
Guerra medra cada día grazas a unha estreita relación coas empresas e colaboradores que forman parte da nosa cadea de subministración, así como cos nosos distribuidores, que a nivel global nos fixeron medrar de xeito sostible, incrementando o nivel de servizo e calidade dos nosos produtos.
INNOVACIÓN E VANGARDA
Outra das características recoñecibles de Industrias Guerra é a mentalidade innovadora que demostra o noso cadro de persoal. Isto reflíctese tanto no deseño dos nosos propios produtos como no xeito de producilos.
VISIÓN DE NEGOCIO E VALOR PARA O CLIENTE
Parte da axilidade que demostra o equipo de Guerra no seu día a día baséase na flexibilidade da nosa organización interna, o que nos permite maior marxe de manobra á hora de cubrir picos de demanda nas liñas de produción, montaxe e servizo postvenda.
TENACIDADE E
PERSEVERANZA
Entre os principais valores que guían a nosa actividade empresarial cóntanse a tenacidade, a perseveranza, a constancia e a firmeza. A mellora continua é a nosa aspiración final.

POSICIÓNS ABERTAS
O equipo de Guerra está sempre disposto a superarse, polo que permanecemos atentos ás novas oportunidades que poidan xurdir no sector. Por iso mesmo sabemos da importancia de contar cos mellores perfís para que formen parte do noso equipo.
En Guerra estamos convencidos de que a forza dun equipo sempre é maior que a das súas partes por separado. Tamén sabemos que só a través da cooperación se logra a excelencia empresarial que aspiramos lograr cada día.
- Estudos mínimos: Formación Profesional Grao Medio- Fabricación Mecánica.
- Experiencia mínima: 2 anos
- Requisitos mínimos:
- Reparación e mantemento de guindastres e equipos hidráulicos.
- Descrición:
- Requírese unha persoa con capacitación para diagnosticar, reparar e axustar distintos tipos de maquinaria, instalacións, elementos mecánicos e hidráulicos das gamas de produto que a empresa deseña e fabrica.
- Montaxe, instalación, posta en marcha e reparación destes produtos.
DISCIPLINA
Mecánica
HORARIO
Tempo completo
UBICACIÓN
Vila de Cruces
NON ENCAIXAS EN NINGÚN PERFIL? CONTACTA CONNOSCO
Se es esixente e entusiasta, pero ves que o teu perfil non encaixa coas nosas ofertas, estaremos encantados de recibir o teu cv.