COMPROMISOS
As eleccións que tomamos hoxe definirán o mundo no que viviremos mañá. O cambio climático, a sostibilidade, o aumento da poboación e o acceso aos recursos están cambiando o xeito en que entendemos a nosa realidade e as nosas expectativas como sociedade. Por esta razón, Guerra redirixe pouco a pouco a súa estratexia empresarial para aliñala con estes compromisos.
RESPONSABILIDADE
SOCIAL
COMPROMISO
En Guerra somos unha empresa comprometida coa nosa sociedade e temos unha convicción moi sólida e clara: a nosa actividade debe xerar un impacto positivo na nosa comunidade e acadar unha maior cohesión social en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.
Por iso, desde Guerra desenvolvemos políticas de emprego con independencia de orixes raciais ou étnicas, orientación sexual, identidade de xénero, relixión ou crenzas, ideoloxía, idade, discapacidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
O FACTOR HUMANO
Guerra é unha gran familia formada por un grupo de persoas profundamente apaixonadas polo que fan. A nosa principal fortaleza reside na capacidade de traballo, no talento e no compromiso diario para dar o mellor de nós mesmos en cada departamento da empresa. O obxectivo é que o cliente se beneficie da nosa profesionalidade, experiencia e seriedade á hora de desempeñar o noso oficio. A cooperación e o equipo por riba do individuo para dar o mellor servizo.
CREANDO UN IMPACTO POSITIVO
Ademais do emprego directo, en Guerra tamén xeramos gran cantidade de postos de traballo indirecto a través da subcontratación nas nosas fábricas e unidades. Co obxectivo de contar no noso equipo con persoas competentes e motivadas esforzámonos a diario por ofrecer aos membros de Guerra oportunidades para o desenvolvemento persoal e un ambiente de traballo san e seguro. O desenvolvemento das habilidades e competencias dos nosos colaboradores é de vital importancia tanto para obter resultados positivos no noso negocio como para o desenvolvemento profesional dos nosos empregados.
CIRCULARIDADE
Para Guerra, a circularidade fundaméntase nun conxunto de principios que garante que nós, como sociedade, produzamos e consumamos dentro dos límites do noso planeta. Temos como obxectivo que os nosos produtos sexan o máis circulares posible, desde o deseño e a elección dos materiais utilizados ata o abastecemento e a montaxe ou o seu uso e capacidade de reutilización. Sobre estes principios xira o noso proceso de deseño.
A NOSA META
Satisfacer as nosas necesidades no presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas.
Máquinas deseñadas para durar
As nosas máquinas están deseñadas desde cero polo noso departamento de deseño. Isto facilítanos pór como valor fundacional no proceso a durabilidade e un deseño que facilite a súa reparación nas mellores condicións. As máquinas Guerra están fabricadas para dar o mellor de si mesmas en contornas agresivas con altas esixencias, están deseñadas para durar e para minimizar a súa substitución por desgaste.
Reparación
En Guerra buscamos reducir o tempo e os custos de reparación a través dun estudado deseño de cada peza para que sexan accesibles, axustables e extraíbles.
Actualización
Deseñamos e fabricamos os nosos produtos para que poidan ser modificados e/ou actualizados con facilidade, incrementando así a vida útil das nosas máquinas.
Reciclaxe
Os produtos fabricados por Guerra que non poidan ser reutilizados ou reparados tras a súa vida útil pasarán inevitablemente a ser desmontados para ser reciclados case na súa totalidade. Para facilitar este proceso é fundamental saber que, desde a súa mesma concepción, os deseños de Guerra teñen en conta a desmontaxe e a posterior separación dos diversos compoñentes e materiais.
CONTACTO
En Guerra estamos aquí para axudarte. Sexa cal sexa a túa consulta estamos á túa disposición vía telefónica ou por correo electrónico.