O equipo de Industrias Guerra viaxou a Puerto Montt, Chile, durante os días 19 e 20 de marzo para participar en Aquasur 2024, punto de encontro internacional das principais empresas relacionadas coa acuicultura.
O stand K-15, no que se atopaba a compañía galega, recibiu a visita de centos de profesionais, que puideron coñecer de primeira man as últimas novidades en tecnoloxía, eficiencia e seguridade do seu amplo catálogo de grúas mariñas. O equipo de Guerra Marine tivo a oportunidade de compartir puntos de vista e de explorar as tendencias xunto a representantes de todos os sectores ligados á industria acuícola.
Ricardo Sánchez, director comercial da empresa, declara “sentirse moi satisfeito coas sinerxias creadas en Aquasur”. “A nosa misión é seguir impulsando o avance da industria e eventos como este permítennos colaborar e crecer da man de compañeiros e clientes”, engade.
A participación de Industrias Guerra en Aquasur consolida a súa posición como referente internacional en deseño e fabricación de solucións de elevación para a acuicultura, ao xerar sinerxias e estreitar lazos con importantes actores do sector a nivel mundial.