Industrias Guerra únese como socio ao Clúster da Madeira e o Deseño (CMD) de Galicia. A empresa de Vila de Cruces ten un papel relevante na cadea de valor do sector da madeira, con máis de 70 anos de traxectoria no deseño e a fabricación de maquinaria para a industria forestal.

Desde a súa fundación en 2001, o CMD actúa como axente dinamizador de proxectos, unificador de empresas e impulsor en iniciativas relacionadas coas diversas áreas de negocio que integran ao sector da madeira e o deseño. Durante a súa traxectoria, a agrupación industrial demostrou ser un piar esencial para o progreso da industria galega.

“Unímonos ao Clúster da Madeira e o Deseño co firme propósito de contribuír á mellora da competitividade de toda a cadea de valor da madeira coa nosa maquinaria forestal, aproveitar as sinerxias e fomentar o traballo co resto das empresas”, comenta Víctor Pintos, director xeral de Industrias Guerra.

Este movemento marca un novo fito para Industrias Guerra na súa aposta pola dinamización da industria forestal, co compromiso de contribuír ao avance do sector madeireiro de Galicia xunto ás 50 empresas que conforman a agrupación industrial.

Ao reunir a empresas e actores de toda a cadea produtiva da madeira, o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia consolídase como unha forza que impulsa a innovación e o seu desenvolvemento sostible. Ademais, contribúe activamente á mellora da cualificación e formación dos seus asociados, a través de cursos, seminarios e programas formativos.