Industrias Guerra aumenta o seu catálogo de produtos. A cortadora IGSA TCD490, deseñada especificamente para traballos de madeira de tamaño medio e entresaca, chega para responder as necesidades de empresas do sector forestal que buscan un aumento da produtividade do seu traballo e unha redución significativa de custos.
Cun diámetro máximo de corte de 50 centímetros, a nova cortadora de cizalla de Industrias Guerra ofrece importantes vantaxes. Ademais dun menor custo respecto a outro tipo de solucións de disco, permite unha redución do consumo de combustible e un menor tempo e custo de mantemento do cabezal e dos seus accesorios.
A cortadora IGSA TCD490 é unha solución idónea para facilitar o acceso á operación de tallado e garantir un gran rendemento na colleita de madeira para celulosa e biomasa. Con capacidade para adaptarse tanto a plantacións de frondosas como de coníferas, ten un peso de 1.400 quilogramos e está pensada para traballar sobre máquinas de rodas e de cadeas dun mínimo de 15 toneladas.
Cabezales cortadores deseñados e fabricados por Industrias Guerra
O novo produto, deseñado e fabricado integramente nas instalacións de Industrias Guerra, complementa outras solucións coas que xa conta a empresa galega dentro da súa gama de cortadoras: IGSA TC600 (60 cm. de diámetro máximo de corte e 2.500 kg. de peso), IGSA TC700 (70 cm. e 2.830 kg.) e IGSA TC800 (80 cm. e 3.900 kg.).
Con máis de sete décadas de experiencia na fabricación de maquinaria e tecnoloxía ao servizo dun sector forestal moderno, as taladoras de Industrias Guerra están pensadas para ofrecer robustez, seguridade e eficacia nas condicións máis esixentes. Son solucións que permiten optimizar o tempo de traballo, reducir os tempos mortos e realizar un mantemento sinxelo no día a día.