Industrias Guerra celebrou unha xornada de portas abertas no IES Laxeiro de Lalín, co que colaboran na FP Dual de Construcións Metálicas. O evento, con sesión de mañá e de tarde, tivo como obxectivo dar a coñecer a súa oferta formativa e laboral de cara ao próximo curso 2024/2025.
A xornada comezou coa intervención das institucións presentes, encabezadas por un representante do Concello de Lalín, e seguidos por Luis Taboada, alcalde do Concello de Vila de Cruces, e a dirección do IES Laxeiro. Despois, Industrias Guerra tomou o relevo para presentar os seus produtos e as diferentes fases do seu proceso produtivo.
Ademais, a sesión de mañá concluíu coa explicación de todos os detalles do programa de Formación Dual en Construcións metálicas que se oferta no IES Laxeiro, no que se combina a formación teórica no centro educativo coa experiencia práctica en empresa, para facilitar a inserción e ofrecer unha capacitación axustada ao mercado laboral. Tampouco faltou a exposición e exhibición dunha selección de produtos de Industrias Guerra.
Tras a pausa para comer, a xornada continuou profundizando nestas cuestións para dar a coñecer todas as vantaxes da FP Dual e animar a matriculación, que abre o seu prazo o próximo 24 de xuño e remata o 4 de xullo.
Industrias Guerra: portas abertas no IES Laxeiro de Lalín Industrias Guerra celebrou unha xornada de portas abertas no IES Laxeiro de Lalín, dando a coñecer o FP Dual de Construcións Metálicas.