Os días 21, 22 e 23 de maio de 2024, Vigo acolleu a feira Navalia, a principal feira naval de España e unha das tres máis importantes do sur de Europa. Alí estivo Industrias Guerra un ano máis, presentando a súa nova solución de elevación MK1600L.

Os máis de 20.000 asistentes puideron comprobar en primeira persoa as características desta nova grúa telescópica articulada, a máis grande da compañía, que conta cun alcance de 22,3 metros na súa máxima extensión e cunha capacidade de elevación que oscila entre 1087.3 e 1281.6 kNm.

Ademais, Industrias Guerra tamén expuxo outras dúas solucións do seu catálogo, as grúas plegables articuladas M180E.20A e M1000.24A, demostrando así as súas grandes capacidades produtivas e a versatilidade coa que dan resposta ás diferentes necesidades dos sectores que operan en entornos marítimos.

A feira acolleu a 533 empresas de 75 países e serviu de plataforma para o intercambio de coñecementos e a xeración de oportunidades de negocio, especialmente en áreas innovadoras como a enerxía eólica mariña. Esta 7ª edición de Navalia 2024 marcou un fito para a industria naval galega, consolidándoa como un punto clave a nivel internacional.