Industrias Guerra completa o seu extenso catálogo de grúas para o sector mariño coa nova MK1600L, deseñada para facilitar as operacións en alta mar co seu brazo telescópico articulado de 22,3 metros en extensión completa, o de maior tamaño da compañía.

A grúa MK1600L destaca pola súa versatilidade, ao contar con 5 modelos, ángulos de xiro que van desde os 16,5º ata o xiro continuo, e unha capacidade máxima de elevación de 1087.3 a 1281.6 kNm. Ademais, a súa robustez garante eficiencia e un alto rendemento en condicións e ambientes moi esixentes.

Seguindo a tendencia do resto de produtos de Industrias Guerra, esta nova solución cumpre cos altos estándares de calidade e resistencia, incorpora características que facilitan o seu manexo, e ofrece unha serie de opcións que posibilitan a súa personalización. Igualmente, todos os seus compoñentes están concibidos para ter unha longa vida útil e ser reciclados cando xa non poidan ser reparados.

Consulta aquí o catálogo da nova grúa mariña MK1600L de Industrias Guerra