Política de calidade
MISIÓN
A misión de Industrias Guerra, S.A. é o Deseño e Fabricación de guindastres, procesadoras e remolques forestais e guindastres mariños, co fin de subministrar e cubrir as necesidades de todos os nosos clientes no referente a elevación e manipulación de cargas e incrementar día a día o seu grao de satisfacción cos produtos subministrados.
PRINCIPIOS
De cara a cumprir a súa misión, Industrias Guerra réxese polos seguintes principios, que marcan a orientación de todas as súas actuacións. Estes principios son:
- Enfoque ao cliente:
- A través daqueles servizos e produtos que mellor se adapten ás súas necesidades.
- Fidelización dos clientes actuais a través dun produto de calidade e un excelente servizo posvenda.
- Deseñando e/ou modificando os seus produtos para que cubran as novas necesidades e/ou expectativas dos clientes.
- Ofrecer un produto de calidade ao mellor prezo posible.
- Deseñar e fabricar produtos acordes aos requisitos legais e regulamentarios que apliquen.
- Mellorar continuamente os seus produtos, procesos e capacidades para:
- Cubrir todas as necesidades e expectativas tanto dos clientes actuais como potenciais.
- Fabricar e deseñar servizos e produtos de maior calidade.
- Facilitar e mellorar as condicións de traballo.
- Diminuír os custos.
- Xerar un maior beneficio.
- Buscar a mellora continua da eficacia do sistema de xestión de calidade.
- Revisar periodicamente os nosos procesos para mantelos sempre controlados.
- Formar ao noso persoal, capacitándoo para que poida asumir as súas responsabilidades na consecución da calidade e a mellora día a día.
- Promocionar o coñecemento dos requisitos internos en cada etapa do proceso, asegurando o seu cumprimento e, polo tanto, asegurando os requisitos do produto e servizo prestado.
Esta política proporcionarános un marco de referencia para establecer e revisar os obxectivos de calidade.
Así mesmo, será comunicada a todos os niveis da Organización e a aquelas partes interesadas que así o soliciten. A Dirección Xeral revisa e modifica a presente Política, cando os cambios producidos na Organización así o requiran.
Víctor Pintos
Director Xeral