DESEÑO E FABRICACIÓN
Desde a fabricación das nosas primeiras máquinas, Guerra sempre tivo o deseño como eixo de innovación principal. Por iso apostamos pola mellora continua mediante innumerables iteracións dos nosos produtos co fin de achegar o máximo valor a cada cliente.
Para Guerra, o deseño foi, e é, motor de innovación e de competitividade. Un xeito de unir crecemento e desenvolvemento, eficiencia e prosperidade.
A razón principal é que nos nosos procesos de deseño sempre situamos o cliente no centro do noso negocio, adaptándonos de forma continuada á demanda e ás necesidades específicas do sector.
FABRICACIÓN
INTEGRADA
En Guerra investimos continuamente para manter e aumentar a nosa capacidade propia de fabricación e na tecnoloxía necesaria que nos asegure que podemos ofrecer solucións rendibles e de calidade. Por esta razón, aumentamos ano a ano a nosa capacidade produtiva para controlar a calidade e non depender de terceiros para obter resultados.
CAPACIDADE PRODUCTIVA
Contamos con máis de 30 000 metros cadrados distribuídos en 4 plantas configuradas para a produción de maquinaria.A nosa prioridade é seguir ofrecendo solucións rendibles a longo prazo aos nosos clientes. Por isto, en Guerra esforzámonos en mellorar día a día a nosa tecnoloxía de produción.
As nosas instalacións dispoñen dos seguintes procesos de fabricación:
MADE IN GALICIA
Galicia, a rexión de España onde Guerra desenvolve a súa actividade, é un dos polos industriais da Península Ibérica. A isto súmase a súa situación xeográfica e o feito de que conta coas infraestruturas necesarias, como portos, para a rápida e segura exportación de bens. Guerra centra a súa actividade en dous dos sectores industriais máis importantes da rexión, o mariño e o forestal. Vila de Cruces, localidade próxima a Santiago de Compostela e sede de Guerra desde os nosos inicios, está enclavada no centro dunha rexión que aposta pola excelencia e a calidade dos seus produtos e servizos.
CONTACTO
En Guerra estamos para ayudarle. Sea cual sea su consulta, estamos a su disposición por teléfono o correo electrónico.